pdfCreator é unha aplicación que converte documentos a formato pdf actuando a modo de impresora virtual. Os documentos pdf (portable document format) teñen a ventaxa de ocupar menos tamaño que os de office Word, ser multiplataforma; pódense visualizar en calquera aparato que dispoña dun lector de pdf (Adobe Acrobat Reader que se obtén de xeito gratuito), ser seguro e estar estandarizado pola ISO.
Podemos obter o pdfCreator da páxina http://sourceforge.net/projects/pdfcreator/ pulsando sobre o botón verde de descarga que aparece na figura.
Ábrese unha ventana que na que indicamos que queremos gardar o arquivo PDFCreator-1_1_0_setup.exe (instalador da aplicación).
Na ventana de descargas aparece unha barra que indica o tamaño do ficheiro, a tasa de transferencia e o tempo que tarda en copiarse ó noso disco (Na carpeta Descargas).
Abrimos a carpeta de descargas, que por defecto estará dentro da carpeta de Mis Documentos do usuario co que traballlamos. Visualizamos o arquivo que se descargou.
Este ficheiro é un executable que instala o programa pdfCreator no equipo (requírense permisos de administrador).