24 may 2011

Redactar correo Gmail.

Para escribir unha mensaxe de correo en Gmail temos que pulsar no botón redactar que aparece na columna da esquerda. Abrirase un formulario que temos que ir cubrindo para efectuar o envío

Para empezar temos que escribir a dirección de correo electrónico a onde mandalo; a carón da etiqueta "para" hai un cadro de texto branco valeiro onde temos que facer click co botón esquerdo do rato para posicionar o cursor e poder escribir no interior.


Tecleamos a dirección de destino, tendo coidado de non equivocarnos en ningún caracter. A continuación facemos click no campo "Asunto" para poñerlle título á mensaxe e de seguido tecleamos dentro do recadro grande para proceder a escribila mensaxe.


Cando rematemos de escribir a mensaxe pulsamos en calquera dos dous botóns que din "enviar" e que mandarán a mensaxe ó destinatario.


Se a dirección era correcta mostará unha mensaxe coma a da imaxe indicando que foi enviado.

Ata a próxima. Un saúdo.

23 may 2011

Gmail. Crear Contactos

Para crear contactos na axenda de Gmail é necesario que accedamos á sección Contactos onde se almacenan os datos das persoas que vaiamos gardando coma se fose nunha axenda.

Pulsamos sobre o enlace que di "Contactos" para irmos a esa sección

Dentro de contactos pulsamos o botón "Contacto nuevo" que fai aparecer un formulario onde imos insertando os datos da persoa que queiramos engadir (o nome, o mail, etc.).
No formulario que se mostra temos que facer click dentro de cada campo para ir engadindo os datos. Así, sobre a frase que di "Añade un nombre" pulsamos e poñemos "telecentro" que vai ser o contacto que creemos nós.

Vemos como se incorpora ese nome ós datos do contacto.
A continuación facemos click dentro do recadro de texto para insertar a dirección de correo e engadimos "informaticamondariz@gmail.com" que é a dirección de correo do telecentro, pondo especial atención na ortografía para teclear exactamente eses caracteres e non deixar espazos en branco nin antes, nin no medio, nin despois do nome para que a dirección sexa correcta.
A continuación, e do mesmo xeito que na dirección de correo imos engadindo os datos dos demáis campos, Teléfono, Dirección, Páxina Web, etc. Como vedes na imaxe, nas notas engadimos o horario para ter algo máis de información a cerca de este contacto.

O propio programa garda os datos cada certo tempo, polo que o botón que aparece á dereita está deshabilitado e di "Guardado", senón diría "Guardar" e teriamos que pulsalo antes de pulsar sobre o enlace "volver a Mis Contactos" que nos leva de novo á sección de contactos.

Como veredes, na sección aparecerá o contacto creado.

Ata a próxima. Un saúdo