11 feb 2010

Engadir subscrición a READER

Hai determinadas páxinas que nos facilitan a subscrición ós feeds dende google e dispoñen de botóns específicos para engadilos. Vexamos como exemplo a páxina do diario Le Monde. http://www.lemonde.fr


Na columna da dereita desa páxina temos a imaxe da ilustración anterior. Pulsamos sobre o enlace RSS e diríxenos a un listado de feeds coas seccións e os columnistas do periódico.


Pulsamos sobre o botón de google para subscribirnos a unha sección e rediríxenos ó Reader.


Pulsamos sobre o botón “Suscribir” para que se engada a subscripción e como vemos na imaxe seguinte,

o RSS xa está visible na columna “Suscripciones” do Reader.

Engadir entrada RSS a Google Reader

Accedemos a Reader na dirección http://reader.google.es e autenticámonos co noso usuario de gmail.

Na columna da esquerda aparece un botón que nos permite engadir subscricións RSS, PODCAST, etc. Para iso necesitamos a dirección do feed.


Como exemplo imos a subscribirnos ó Times: http://www.timesonline.co.uk/tol/news/


Aparécenos unha lista de temas ós que podemos subscribirnos.

Nós ímonos suscribir ó Tenis. Para facelo pulsaremos co botón da DEREITA do rato sobre o enlace Tenis. Móstrase un menú contextual. Pulsamos sobre propiedades.


Ábrese unha ventana coas propiedades do enlace.


A nós interésanos a dirección, temos que seleccionala e copiala. Menú Edición, Copiar.

Voltamos ó Reader, e pulsamos o botón “Añadir Suscripción”.

Vaisenos abrir un cadro de texto onde pegamos a dirección copiada das propiedades do enlace de antes.

Menu Edición, Pegar.


Para finalizar pulsamos no botón “Añadir” e a suscripción quedará engadida.


Aparece na lista de suscripcións, e as noticias dese canal RSS móstranse no reader.