Na columna da esquerda aparece un botón que nos permite engadir subscricións RSS, PODCAST, etc. Para iso necesitamos a dirección do feed.

Como exemplo imos a subscribirnos ó Times: http://www.timesonline.co.uk/tol/news/

Aparécenos unha lista de temas ós que podemos subscribirnos.
Nós ímonos suscribir ó Tenis. Para facelo pulsaremos co botón da DEREITA do rato sobre o enlace Tenis. Móstrase un menú contextual. Pulsamos sobre propiedades.
Ábrese unha ventana coas propiedades do enlace.

A nós interésanos a dirección, temos que seleccionala e copiala. Menú Edición, Copiar.
Voltamos ó Reader, e pulsamos o botón “Añadir Suscripción”.
Vaisenos abrir un cadro de texto onde pegamos a dirección copiada das propiedades do enlace de antes.
Menu Edición, Pegar.

Para finalizar pulsamos no botón “Añadir” e a suscripción quedará engadida.

Aparece na lista de suscripcións, e as noticias dese canal RSS móstranse no reader.
No hay comentarios:
Publicar un comentario