15 feb 2010

Engadir subscrición podcast a READER

Moitas das emisoras de radio, dispoñen dun repositorio de arquivos de audio coa súa programación almacenada e accesible para os usuarios por medio de subscripción Podcast.

Como exemplo subscribirémonos a un podcast de ondacero: http://www.oncacero.es


No listado xeral de podcast da emisora podemos ver todos os programas disponibles.


Nós ímonos subscribir ó programa “Julia en la onda” de Julia Otero que se emite polas tardes.
Precisamos a dirección do podcast, que copiaremos do cadro de texto.
Seleccionámola, pulsamos o botón dereito e copiamos.

Unha vez copiada a dirección volvemos ó google Reader, pulsamos sobre “Añadir suscripción”

Dentro do recadro de texto engadimos a dirección copiada no paso anterior situando o cursor dentro, pulsamos o botón dereito e escollemos pegar.
Despois pulsamos o botón “Añadir” .e xa estamos subscritos.

Os distintos arquivos de audio aparecen listados segundo a data de publicación. Sitúanse na parte superior os máis recentes. Cada un deles ten título, unha breve descripción do contido e un reproductor para poder escoitalos.


Á dereita do reproductor vemos o enlace “Ventana externa” que serve para abrir o reproductor nunha ventana independiente do navegador. Resulta bastante útil se queremos escoitar o podcast e seguir utilizando o Reader para ler noticias xa que se o estivesemos a reproducir e saísemos da ventana actual, perderiamos a o son.

A ventana que se abre mostra únicamente o reproductor con tres botóns básicos, a liña de tempo e o control de volumen.

11 feb 2010

Eliminar subscrición READER

Se algún dos RSS ós que estamos subscritos deixa de interesarnos e queremos eliminalo, ou se nos subscribimos por error, poderémolo eliminar dende a columna da esquerda do Reader.



Se pasamos co rato sobre os títulos dos RSS ós que estamos subscritos aparecerá, á dereita do título, un pequeniño botón que temos que pulsar.

Desplégase un menú con opcións para xestionar as subscripcións. Pódese establecer o criterio de ordenación, cabiárlle-los nombres, crear carpetas para gardalos ou a que nos imos usar; “Anular suscripción”.

Pulsamos sobre “Anular suscripción” para eliminar a subscrición.

Móstranos unha mensaxe solicitando confirmación para eliminar.

Só temos que aceptar e xa eliminaríamola subscrición da nosa lista.

A subscrición a Futbol Sala // Marca.com foi eliminada e desapareceu da lista.