Como exemplo subscribirémonos a un podcast de ondacero: http://www.oncacero.es

No listado xeral de podcast da emisora podemos ver todos os programas disponibles.

Nós ímonos subscribir ó programa “Julia en la onda” de Julia Otero que se emite polas tardes.
Precisamos a dirección do podcast, que copiaremos do cadro de texto.
Seleccionámola, pulsamos o botón dereito e copiamos.
Unha vez copiada a dirección volvemos ó google Reader, pulsamos sobre “Añadir suscripción”
Dentro do recadro de texto engadimos a dirección copiada no paso anterior situando o cursor dentro, pulsamos o botón dereito e escollemos pegar.Despois pulsamos o botón “Añadir” .e xa estamos subscritos.
Os distintos arquivos de audio aparecen listados segundo a data de publicación. Sitúanse na parte superior os máis recentes. Cada un deles ten título, unha breve descripción do contido e un reproductor para poder escoitalos.

Á dereita do reproductor vemos o enlace “Ventana externa” que serve para abrir o reproductor nunha ventana independiente do navegador. Resulta bastante útil se queremos escoitar o podcast e seguir utilizando o Reader para ler noticias xa que se o estivesemos a reproducir e saísemos da ventana actual, perderiamos a o son.
A ventana que se abre mostra únicamente o reproductor con tres botóns básicos, a liña de tempo e o control de volumen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario