11 may 2011

Insercción entradas blogger desde mail

Tendo configurada a conta de Blogger para que admita a creación de entradas de blog a partir de mensaxes de correo, a tarefa de escribir novos artigos, tórnase tan doada coma redactar unha mensaxe de correo electrónico e enviala á dirección seleccionada.

Para poder usar este servizo temos que activalo nas pestañas configuración - correo electrónico y móvil - no apartado opciones para la configuración de entradas.

Escollín a opción de gardar os correos coma borradores para poder revisalos antes de seren publicados. Poderían ser publicados inmediatamente.

Trala configuración pulsariamos no botón gadar configuración e despois podemos empezar a mandar mensaxes dende o noso servidor de correo habitual, para que fosen publicadas.

Se o correo que mandamos contén imaxes, é probable que estas non se visualizen adecuadamente polo que teremos que subir as imaxes dende a ferramenta de edición do blogger. Por esa razón estaba xustificado enviar a borradores.

Espero que esta información sexa útil. Un saúdo.

6 may 2011

Subir documentos a GoogleDocs

GoogleDocs é unha aplicación que pertite crear, editar e almacenar arquivos en internet de diversos formatos. Emprégase mediante a conta de Google e podémolo usar como unidade de disco online almacenando alí aqueles arquivos que desexemos ter accesibles na rede.



Para enviar un ficheiro a GoogleDocs temos que premer no botón "subir" e seleccionar en archivos. Se facemos click na opción "Basico…" abrirá o entorno no que seleccionamos as opcións para a subida que queiramos facer



No medio da pantalla aparece un recadro punteado a onde irán os arquivos que vaiamos seleccionando. O enlace que di seleccionar arquivos ábrenos unha ventá do explorador de arquivos onde escollemos cales imos subir.

Na parte inferior hai tres botóns, para escoller o destino (a colección onde queremos gardalo), os permisos (onde establecemos quén visualizará o ficheiro) e para iniciar a carga.



O botón “Selección de destinos” permite que escollamos a colección onde ubicar o arquivo que imos subir.



O botón que di “Privado” permite escoller os permisos do ficheiro. Asi, poderá ser:

  • Privado: O arquivo só e visible para o propietario, é dicir, para quen o crea.

  • Cualquier usuario que reciba el enlace: o arquivo será visible, ademáis do propietario, a aquelas persoas ás que lles envíe un enlace a este arquivo.

  • Publico: o arquivo será visible para calquera en internet.


O botón “Iniciar Subida” permite que os arquivos sexan enviados dende o pc ó servidor de GoogleDocs onde quedará unha copia do ficheiro/os que decidimos gardar na web.


Durante o proceso, unha barra de desprazamento animada mostra como se van subindo os arquivos.


Cando se completou a subida mostra unha mensaxe advertindo dese feito.


Podemos comprobar que os arquivos están no servidor acudindo á paxina principal para verificar no listado xeral, que os arquivos foron subidos e ubicados dentro da colección que seleccionamos durante o proceso. O nome da colección figura en letra pequena a carón do nome de arquivo.