GoogleDocs é unha aplicación que pertite crear, editar e almacenar arquivos en internet de diversos formatos. Emprégase mediante a conta de Google e podémolo usar como unidade de disco online almacenando alí aqueles arquivos que desexemos ter accesibles na rede.
Para enviar un ficheiro a GoogleDocs temos que premer no botón "subir" e seleccionar en archivos. Se facemos click na opción "Basico…" abrirá o entorno no que seleccionamos as opcións para a subida que queiramos facer
No medio da pantalla aparece un recadro punteado a onde irán os arquivos que vaiamos seleccionando. O enlace que di seleccionar arquivos ábrenos unha ventá do explorador de arquivos onde escollemos cales imos subir.
Na parte inferior hai tres botóns, para escoller o destino (a colección onde queremos gardalo), os permisos (onde establecemos quén visualizará o ficheiro) e para iniciar a carga.
O botón “Selección de destinos” permite que escollamos a colección onde ubicar o arquivo que imos subir.
O botón que di “Privado” permite escoller os permisos do ficheiro. Asi, poderá ser:
- Privado: O arquivo só e visible para o propietario, é dicir, para quen o crea.
- Cualquier usuario que reciba el enlace: o arquivo será visible, ademáis do propietario, a aquelas persoas ás que lles envíe un enlace a este arquivo.
- Publico: o arquivo será visible para calquera en internet.
O botón “Iniciar Subida” permite que os arquivos sexan enviados dende o pc ó servidor de GoogleDocs onde quedará unha copia do ficheiro/os que decidimos gardar na web.
Durante o proceso, unha barra de desprazamento animada mostra como se van subindo os arquivos.
Cando se completou a subida mostra unha mensaxe advertindo dese feito.
Podemos comprobar que os arquivos están no servidor acudindo á paxina principal para verificar no listado xeral, que os arquivos foron subidos e ubicados dentro da colección que seleccionamos durante o proceso. O nome da colección figura en letra pequena a carón do nome de arquivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario