27 ene 2010

Escribir no muro de facebook

O muro representa un tabique, unha parede en branco na que podemos deixar as nosas reflexións, comentarios, fotos, vídeos, etc.

Polo xeral só podes escribir no muro dos teus amigos.


Para escribir, utilízase o editor que aparece no centro, na parte superior.

Engades o texto dentro do recadro, e seleccionas nos botóns cos símbolos da parte inferior para engadir fotos, vídeos, eventos ou enlaces. Tamén podes seleccionar para quén estará visible pulsando sobre o candado.

Imos a engadir unha foto que se atopa no noso equipo, para iso pulsamos onde nos indicaba a imaxe anterior.

Indicamos que queremos "cargar unha foto" pulsando sobre este enlace. Abrirásenos unha ventana distinta cun botón para examinar o noso disco e selecionar a imaxe que quermos subir.

Localizamos a imaxe e despois de aseguramos que temos o texto do que queremos dicir escrito no recadro pulsamos compartir para que se publique no muro.


A publicación deste comentario con foto, faise de maneira inmediata, e para velo só temos que ir ó muro de novo.

Eliminar blog

Un blog créase para que funcione coma un libro de bitácora dun capitán de navío. Nel imos anotando de xeito metódico aquilo que ocorre durante o trancurso da viaxe, o estado da nave, a situación, o estado da tripulación e todos aqueles datos que poidan resultar de interese.

Para os que non somos marinos, pero navegamos por internet, o blog representa un xeito de manter actualizadas e ordenadas esas noticias que imos publicando habitualmente sobre un determinado tema que sexa do noso interese. Pero se só creamos o blog como resultado do exercicio de clase e non temos interese en mantelo, tamén o podemos eliminar.

Para borrar un blog temos que entrar primeiro na área de configuración. Accedemos ó noso blog e dende o escritorio, pulsamos sobre o enlace configuración.


Dentro de configuración, na pestaña básico temos o apartado "herramientas de blog" que nos permite importar, exportar ou eliminar un blog.

Pulsamos sobre o enlace "suprimir blog" e aparecenos a seguinte pantalla onde confirmaremos a eliminación do mesmo pulsando sobre o botón de cor laranxa "Suprimir este Blog"

E feito isto, o noso blog deixará de estar publicado.