Para os que non somos marinos, pero navegamos por internet, o blog representa un xeito de manter actualizadas e ordenadas esas noticias que imos publicando habitualmente sobre un determinado tema que sexa do noso interese. Pero se só creamos o blog como resultado do exercicio de clase e non temos interese en mantelo, tamén o podemos eliminar.
Para borrar un blog temos que entrar primeiro na área de configuración. Accedemos ó noso blog e dende o escritorio, pulsamos sobre o enlace configuración.

Dentro de configuración, na pestaña básico temos o apartado "herramientas de blog" que nos permite importar, exportar ou eliminar un blog.
Pulsamos sobre o enlace "suprimir blog" e aparecenos a seguinte pantalla onde confirmaremos a eliminación do mesmo pulsando sobre o botón de cor laranxa "Suprimir este Blog"
E feito isto, o noso blog deixará de estar publicado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario