
Este ficheiro é un executable que instalará a aplicación no noso ordenador. Temos que premer duas veces o botón esquerdo do rato para que o programa se lanze e se inicie a instalación.

O programa de instalación dispón dun asistente que nos guía paso a paso no proceso, para que escollamos aquelas opción que se adapten ás nosas necesidades.

Pulsamos Seguinte para inicar o proceso.

Temos que aceptar o Acordo de Licencia para que nos deixe usar o programa e pulsar seguinte.

Eliximos o tipo de instalación estándar e pulsamos seguinte para continuar.


Deixanos escoller a carpeta onde se intalará o programa. Podemos deixar a que nos ofrece e pulsar seguinte.

Ofrecenos a posibilidade de instalar unha barra de tareas para o navegador web e facer que yahoo sexa o noso buscador predeterminado. Imos quitar esta selección para que non nos instale a barra e pulsamos seguinte para continuar

Podemos personalizar a instalación e instalar máis paquetes de idioma, ficheiros de axuda, etc. Deixamos como está e pulsamos seguinte.

O programa ofrece a posibilidade de crear unha carpeta no menú Inicio, se o facemos aparecerá un enlace ó programa no botón inicio do Windows. Non é preciso para o funcionamento do programa (quitamos esta opción). Pulsamos seguinte.

Tampouco é necesario que creemos un botón de inicio rápido ou un enlace no escritorio. Quitamos todas as seleccións e pulsamos seguinte

Xa está listo para instalarse. Pulsamos instalar e agardamos mentres os ficheiros se copian no noso disco.

Unha nova ventana móstranos o proceso de instalación.

Cando o proceso remata e os ficheiros acabáronse de copiar pulsamos o botón finalizar. A aplicación PDFCreator xa está lista para usarse.
No hay comentarios:
Publicar un comentario