2 feb 2011

Utilización de PDFCreator

Trala instalación, teremos unha impresora virtual no sistema, chamada PDFCreator, que se encarga de convertir os documentos que lle enviemos a formato .pdf que quedan almacenados no disco duro.

Dende o Word, no menú Archivo - Imprimir abrimos unha ventana da impresora virtual que nos axudará a converter documentos a pdf.


Se pulsamos no botón propiedades podemos elixir a orientación do papel (vertical ou horizontal) e o número de páxinas que podemos meter por folla (no caso de que desexemos imprimir un documento extenso empregando menos papel).


Na pestaña Papel/Calidade podemos escoller entre crear un pdf en branco/negro ou con cor.


Elixidas as propiedades do documento temos que seleccionar o intervalo a imprimir e o número de copias. Pulsamos aceptar e comezará o proceso de conversión a pdf.


Antes de se iniciar pídenos detalles do documento, título, autor, etc. Insertamos eses valores e pulsamos o botón guardar.


A continuación solicita un nome para o documento no que se gardará o resultado da conversión. Poñémoslle nome e decidimos a carpeta onde gardalo.

Durante a impresión nun documento pdf unha animación similar á que aparece a continuación móstrase na pantalla.


Finalizada a animación, no interior da carpeta seleccionada aparecerá o documento pdf creado co nome que nos lle demos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario