9 sept 2011





¡ ESTAMOS DE VOLTA !

Comezamos de novo cos cursos gratuitos no telecentro.

Os horarios tentaremos axustalos as necesidades dos alumnos a medida que se anoten. Comezade a apuntaros no propio telecentro, pinchade na imaxe de abaixo para mais información.











27 may 2011

Mensaxe a varios destinatarios

Enviar unha mensaxe a múltiples destinatarios é tan doado como facelo a unha soa persoa.
Pulsamos o botón redactar para que se abra o formulario de envío de mensaxe.


A carón da etiqueta "Para:" situamos o cursor dentro do cadro de texto e escribimos a dirección de correo electrónico do destinatario da mensaxe.


Se a dirección está entre os nosos contactos nin será necesario escribila na súa totalidade, a medida que o escribimos, suxeriranos, na parte inferior a dirección completa dos nosos contactos.


Para engadir máis contactos basta con escribir unha coma despois do último, deixar un espacio en branco e a continuación poñer outra dirección máis. Se desexamos incluir outro, procedemos do mesmo xeito: unha coma, un espacio en branco e a nova dirección.


No caso de termos un grupo creado (AAA, con tres contactos), e que ese grupo tivese contactos no seu interior, podemos escribir o nome do grupo.


Será o servidor de correo quen sustitue o nome do grupo pola lista de tódolos contactos aforrándonola tarefa de ir incluindo as direccións de unha en unha.


Neste caso vémolas vantaxes de termolos contactos clasificados por grupos.


O resto do procedemento é o habitual; darlle título á mensaxe, e redactalo seu contido. Despois pulsar o botón enviar.


Ata a próxima. Un saúdo.

Crear grupo en Gmail

Para manter os contactos ordenados dentro da nosa conta de Gmail podemos crear grupos e situalos dentro dos mesmos de xeito que os teñamos clasificados. Así poderiamos ter un contacto curso dentro do que gardemos ós contactos da xente que participa na mesma clase ca nós. Un contacto pode aparecer dentro de varios grupos.

En primeiro lugar temos que ir ós contactos facendo click sobre o enlace "Contactos" que figura na columna da esquerda.


Pulsamos no enlace "Grupo Nuevo" que aparece na columna da esquerda.


Ábrese unha ventana na que temos que insertar o nome do grupo, nós chamarémoslle "curso".

A continuación pulsamos o botón aceptar e mostraranos unha mensaxe na parte superior indicando que o grupo foi creado.


Ademáis, na columna da esquerda figura o grupo que se acaba de crear.

Para engadir alguén a ese grupo temos que visualizar primeiro os contactos (facendo click sobre o enlace da columna da esquerda co mesmo nome).


Escollemos primeiro un dos contactos facendo click no cadro de selección que está a esquerda do nome en negrita, nós engadiremos a Telecentro ó grupo curso.

A continuación, no botón "Grupos" situado na parte superior facemos click para que mostre o listado dos grupos e selecionamos o grupo curso para que o contacto "Telecentro" que estamos a editar sexa agregado a ese grupo.

Para que a operación se efectúe, despois de ter seleccionado o grupo curso hai que pulsar no enlace que figura na parte inferior da lista, "Aplicar".

Unha mensaxe na parte central superior da pantalla indica que foi engadido ó grupo.

Además, á dereita do contacto figura sobre un botón con letra en verde o nome do grupo.

Outro xeito de engadir un contacto a un grupo é editando ó propio contacto.

Dende a lista facemos click sobre o nome do contacto ou sobre a dirección de correo para que se abra a ventana de edición dos contactos.


Unha vez na ventana de edición do contacto, facemos click sobre o botón "Grupos" que figura na parte superior e na lista que mostra seleccionamos aquél en que queiramos metelo e pulsamos en Aplicar (que figurará como último elemento da lista en canto efectuemos algún cambio).


Cando é incluido, ademáis da mensaxe sobre fondo amarelo que aparece na parte superior, indicando que se engadiu ó grupo, a carón da imaxe e baixo o nome do contacto figuran os grupos nos que se meteu.


Na columna da esquerda, a carón do nome do grupo "curso" figura, entre parénteses o número de contactos engadidos nese grupo, neste caso 1 porque só foi engadido Telecentro (de momento).

Segindo os pasos anteriores podemos clasificar tódolos nosos contactos e facilitaremos a tarefa de envío de mensaxes a colectivos. Así, se cando estamos a redactar un correo na dirección do destinatario poñemos o nome de grupo, o servidor incluirá as dirección de tódolos contactos dese grupo para que poidan recibir esa mensaxe.

Ata a próxima. Un saúdo.

26 may 2011

Correo con ficheiros adxuntos

Para enviar ficheiros ó mesmo tempo que unha mensaxe de correo electrónico é preciso adxuntalos ó contido da mensaxe.
O proceso de creación do mail é o habitual; situados dentro da conta de Gmail, pulsamos o botón "redactar" que aparece na columna da esquerda.


A continuación imos cubrindo os distintos campos de texto indicando a dirección de correo do destinatario, o asunto da mensaxe, e o texto que desexemos enviarlle.

Para adxuntar o ficheiro ou ficheiros temos que pusar no enlace que di "Adjuntar un archivo", situado por debaixo do asunto.

Móstrase un cadro de texto onde indicar a dirección onde se atopa o ficheiro e un botón que di examinar. Non é preciso saber a dirección completa do ficheiro pois pulsando sobre o botón "Examinar" ábrese unha ventana do explorador de windows para que busquemos dentro dos nosos documentos o lugar onde está o arquivo.


Podemos facer dobre click sobre o ficheiro ou ben, tendoo seleccionado pulsamos o botón abrir.

O arquivo súbese ó servidor de correo, xunto ó nome do ficheiro figuran no lado esquerdo a imaxe dun clip, indicando que vai adxunto á mensaxe é a dereita o tipo de ficheiro que é (neste caso un documentoda aplicación word de microsoft) e o seu tamaño (34 kb).
O enlace para engadir arquivos adxuntos agora di "Adjuntar otro archivo". Se quixesemos engadir máis teriamos que pulsalo, examinar cal queremos subir, seleccionalo e pulsar abrir ou facer dobre click sobre el, tal e como fixemos co anterior.

So nos queda verificar que o texto que escribimos está correcto e pulsar o botón enviar para que sexa remitido ó seu destinatario.


Se a operación se fai satisfactoriamente aparece unha mensaxe advertindo de que foi enviado.

Ata a próxima. Un saúdo.

25 may 2011

Eliminar cuenta Gmail



Se decidimos cambiar de servidor de correo e non imos a usar máis a conta de Gmail podemos eliminala tal como se explica na axuda de google na dirección http://mail.google.com/support/bin/answer.py?hl=es&answer=8152

Temos que pulsar sobre a roda dentada que figura na parte superior dereita da páxina de google cando nos atopamos dentro da nosa conta. Escollemos a primeira das opcións, "Configuración del correo".

Dentro das opcións de configuración escollemos o terceiro dos enlaces; "Cuentas e importación". Dentro desta sección facemos click sobre o enlace "Otra configuración de la cuenta de Google"


Facemos click no enlace "editar " que aparece na nova ventana.


Agora escollemos o enlace "Eliminar Gmail de forma permanente".

Mostranos un formulario de confirmación de eliminación no cal temos que marcar a opción indicando que desexamos suprimir a conta de Gmail, insertar a dirección de correo que usaremos a partir de agora, e a contraseña da conta que tiñamos en Gmail.

A continuación envíannos unha mensaxe cun enlace que é preciso que confirmemos para que a eliminación poida efectuarse.

Accedemos á dirección de correo que lle demos, entramoss na mensaxe e pulsamos o enlace.

Volvennos solicitar que escribamos a contraseña da conta que desechamos eliminar por última vez e a partir deste intre a conta que tiñamos desaparecerá.

Unha última notificación confirma que a conta de correo foi eliminada.

Isto foi todo. Un saúdo.

Eliminar perfil Facebook

Para elminar o perfil de facebook temos que ir á pestaña "Cuenta" que aparece á dereita na barra de facebook situada na parte superior da páxina.


Escollemos a opción "Configuración de la cuenta".

Situados na primeira pestaña (Configuración) desprazamos pola lista cara abaixo ata atopar a opción "Desactivar la cuenta" e pulsamos enlace "Desactivar" que aparece á dereita.

Cumplimentamos a encuesta para indicar a causa do borrado do perfil e pulsamos o botón "Confirmar" para que se efectúe a eliminación.

Solicitanos a contraseña para verificar que estamos seguros de querer eliminalo.


Mostra unha advertencia avisándonos de que se eliminamos o perfil, perderemos as mensaxes, imaxes e contido asociado con esa conta.


Tes que confirmar de novo que desexas eliminar a conta, pero ainda non é a última vez, pedirá de novo que insertemos a contraseña e algúns caracteres deformados para asegurarse de que somós nós quen certamente imos borralo perfil de facebook.


Cubrimos os datos; insertamos a contraseña e o texto das imaxes, pulsamos o botón de aceptar, e finalmente a conta de facebook elimínase.
Aceptamos a mensaxe e despedímonos do perfil que tiñamos no facebook.

Espero que fose de axuda. Un saúdo.

24 may 2011

Gmail. Enviar imaxes nun correo.

Para enviar imaxes dentro do contido dunha mensaxe, sen ir coma arquivos adxuntos, é preciso que estea habilitada a ferramenta de inserción de imaxes que aparece no googleLabs.

¿Cómo sabemos se a temos habilitada?


Na barra de formato que aparece sobre o texto está visible (ou non) o botón "Insertar Imaxe".

Para ver a barra de Formato é preciso que dende o correo pulsemos sobre o botón "redactar" (que aparece na columna da esquerda) coma se fosemos a escribir unha mensaxe nova.


Buscamos na barra de formato se está dispoñible o botón de engadir imaxe:


¿Cómo habilitar o botón?: Na parte superior dereita da pantalla, a carón do nome de usuario aparece o símbolo dunha roda dentada ou engranaxe; trátase do botón de opcións.

Pulsamos sobre él e escollemos a primeira opción de menú que di "Configuración del correo".


No menú de configuración imos á opción "Labs" onde aparecerán listadas as aplicacións.


Percorremos a lista ata atopar a aplicación de inserción de imaxes. Temos que seleccionar a primeira das opcións "habilitar" facendo click dentro do círculo branco para que quede marcada.

Segimos baixando ata o fin da páxina e pulsamos o botón "Guardar Cambios"

Sairá unha mensaxe indicando que a inserción de imaxes está habilitada. Volvemos ó correo e pulsamos no botón "redactar" para escribir a mensaxe.

No campo "para" situamos o destinatario


No "Asunto" damoslle título á mensaxe:


No campo destinado ó texto imos escribindo a mensaxe que desexemos.


No momento en que queiramos engadir unha imaxe pulsamos sobre o botón que habilitamos anteriormente e que figura na barra de formato.


Abre unha ventana para que seleccionemos o arquivo de imaxe do noso equipo, pulsando no botón "Seleccionar archivo".


Abrirase o explorador de windows para que busquemos entre os nosos ficheiros a imaxe que imos a subir. Procurade neste caso ter seleccionada a vista (imagenes en miniatura) para poder ter unha vista previa da imaxe.


Seleccionamos a imaxe e pulsamos en abrir ou ben facemos doble click sobre a imaxe.


O arquivo súbese a internet e temos que pulsar no botón aceptar para que se peche esta ventá e sexa incluida a imaxe a continuación do texto do correo que estabamos a redactar.


No interior da mensaxe engádese a imaxe.

Se facemos click sobre a imaxe mostra unha serie de enlaces nas que escollemos o tamaño no que se visualizará a imaxe (ou se quisexemos eliminala).


Para finalizar pulsamos o botón de enviar e a mensaxe mandarase ó seu destinatario.