En primeiro lugar temos que ir ós contactos facendo click sobre o enlace "Contactos" que figura na columna da esquerda.

Pulsamos no enlace "Grupo Nuevo" que aparece na columna da esquerda.

Ábrese unha ventana na que temos que insertar o nome do grupo, nós chamarémoslle "curso".
A continuación pulsamos o botón aceptar e mostraranos unha mensaxe na parte superior indicando que o grupo foi creado.
Ademáis, na columna da esquerda figura o grupo que se acaba de crear.
Para engadir alguén a ese grupo temos que visualizar primeiro os contactos (facendo click sobre o enlace da columna da esquerda co mesmo nome).
Escollemos primeiro un dos contactos facendo click no cadro de selección que está a esquerda do nome en negrita, nós engadiremos a Telecentro ó grupo curso.
A continuación, no botón "Grupos" situado na parte superior facemos click para que mostre o listado dos grupos e selecionamos o grupo curso para que o contacto "Telecentro" que estamos a editar sexa agregado a ese grupo.
Para que a operación se efectúe, despois de ter seleccionado o grupo curso hai que pulsar no enlace que figura na parte inferior da lista, "Aplicar".
Unha mensaxe na parte central superior da pantalla indica que foi engadido ó grupo.
Además, á dereita do contacto figura sobre un botón con letra en verde o nome do grupo.Outro xeito de engadir un contacto a un grupo é editando ó propio contacto.
Dende a lista facemos click sobre o nome do contacto ou sobre a dirección de correo para que se abra a ventana de edición dos contactos.
Unha vez na ventana de edición do contacto, facemos click sobre o botón "Grupos" que figura na parte superior e na lista que mostra seleccionamos aquél en que queiramos metelo e pulsamos en Aplicar (que figurará como último elemento da lista en canto efectuemos algún cambio).

Cando é incluido, ademáis da mensaxe sobre fondo amarelo que aparece na parte superior, indicando que se engadiu ó grupo, a carón da imaxe e baixo o nome do contacto figuran os grupos nos que se meteu.

Na columna da esquerda, a carón do nome do grupo "curso" figura, entre parénteses o número de contactos engadidos nese grupo, neste caso 1 porque só foi engadido Telecentro (de momento).
Segindo os pasos anteriores podemos clasificar tódolos nosos contactos e facilitaremos a tarefa de envío de mensaxes a colectivos. Así, se cando estamos a redactar un correo na dirección do destinatario poñemos o nome de grupo, o servidor incluirá as dirección de tódolos contactos dese grupo para que poidan recibir esa mensaxe.Ata a próxima. Un saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario