26 may 2011

Correo con ficheiros adxuntos

Para enviar ficheiros ó mesmo tempo que unha mensaxe de correo electrónico é preciso adxuntalos ó contido da mensaxe.
O proceso de creación do mail é o habitual; situados dentro da conta de Gmail, pulsamos o botón "redactar" que aparece na columna da esquerda.


A continuación imos cubrindo os distintos campos de texto indicando a dirección de correo do destinatario, o asunto da mensaxe, e o texto que desexemos enviarlle.

Para adxuntar o ficheiro ou ficheiros temos que pusar no enlace que di "Adjuntar un archivo", situado por debaixo do asunto.

Móstrase un cadro de texto onde indicar a dirección onde se atopa o ficheiro e un botón que di examinar. Non é preciso saber a dirección completa do ficheiro pois pulsando sobre o botón "Examinar" ábrese unha ventana do explorador de windows para que busquemos dentro dos nosos documentos o lugar onde está o arquivo.


Podemos facer dobre click sobre o ficheiro ou ben, tendoo seleccionado pulsamos o botón abrir.

O arquivo súbese ó servidor de correo, xunto ó nome do ficheiro figuran no lado esquerdo a imaxe dun clip, indicando que vai adxunto á mensaxe é a dereita o tipo de ficheiro que é (neste caso un documentoda aplicación word de microsoft) e o seu tamaño (34 kb).
O enlace para engadir arquivos adxuntos agora di "Adjuntar otro archivo". Se quixesemos engadir máis teriamos que pulsalo, examinar cal queremos subir, seleccionalo e pulsar abrir ou facer dobre click sobre el, tal e como fixemos co anterior.

So nos queda verificar que o texto que escribimos está correcto e pulsar o botón enviar para que sexa remitido ó seu destinatario.


Se a operación se fai satisfactoriamente aparece unha mensaxe advertindo de que foi enviado.

Ata a próxima. Un saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario