Para poder crear un álbum debemos acceder á nosa conta de facebook e dirixirnos á pestaña de fotos.
Dende Fotos, temos que pulsar no botón crear álbum
Temos que darlle nome e unha pequena descripción sobre a temática das imaxes que imos a subir, así como a quén permitimos visualizar o álbum (todos/solo amigos/amigos de amigos).
Pulsamos no botón azul escuro "Crear álbum" para ir ó paso seguinte e escoller as imaxes. Neste paso cambiará o que vexamos, segundo a nosa configuración de java; se o temos permitido, veremos unha ventana de exploración, integrada na páxina, dende a cal seleccionamos as imaxes mediante checkbuttoms e pulsamos subir,
...no caso de non permitir java, teremos que ir seleccionando as imaxes unha por unha pulsando nos botóns examinar, e ir cargando cada foto, ata un máximo de 5. Para engadir máis temos que repetir o proceso e ir engadindo de 5 en 5.
Facebook pídenos que afirmemos ter os dereitos de distribución desas imaxes (por se fosen de periódicos, revistas, fotografos profesionais, etc e tivesen dereitos de autor) antes de subilas.
Antes de publicar o álbum, móstranse todas as imaxes e permítenos engadirlle unha mensaxe ó pe da foto para explicarmos qué aparece na foto ou facer un comentario. No caso de que aparecesen persoas, podémolas etiquetar, é dicir, poñer un recadro sobre a persoa co seu nome para cando pasen o rato sobre ela, mostre nome.
De entre todas as imaxes debemos escoller unha para que sexa portada.
Gardamos os cambios e pulsamos en publicar e o álbum xa estará visible para quen nós indicasemos cando o creamos.
11 feb 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario