15 feb 2010

Engadir vídeo a YouTube

Para subir un vídeo a youtube, temos que estar rexistrados na web. http://www.youtube.com.


Poderemos usar a nosa conta de Gmail. Insertamos usuario e contrasinal.



Accedemos a YouTube, na esquina superior dereita aparece o botón amarelo “Subir” desta imaxe.



Pulsamos enriba del.



Tal como nos di a ilustración, temos que pulsar o botón “Subir Vídeo” para que abra unha ventá do explorador e poidamos localizar o vídeo que queremos subir no noso disco.



Seleccionamos o archivo de vídeo e pulsamos abrir ou facemos doble click enriba do vídeo que vaiamos a subir.



O vídeo tarda certo tempo en subirse ó servidor de YouTube en proporción ó tamaño do arquivo. Ese tempo podémolo aproveitar para darlle Título e facer unha breve descripción nos cadros de texto que aparecen a tal efecto.

Podemos etiquetalo, ubicalo nunha categoría así como seleccionar a privacidade (dicir quen poderá miralo).

Cando remate o proceso de carga, pulsamos “Guardar Cambios”

Debemos respetar os dereitos de autor dos vídeos no caso de que estes non nos pertenzan. Non podemos publicar videos de outros autores, sen o seu consentimento. En todos os videos nos que aparezan persoas hai que ser moi coidadosos co respeto á intimidade e máis se cabe se nos videos aparecesen menores de idade.



Para ver os vídeos que temos subidos a youTube, basta pasar co rato sobre o nome de usuario na esquina superior dereita da pantalla, e no menú que se abre, pulsamos a opción “mis vídeos”.



Móstrase un listado cos vídeos que subimos a YouTube.

No hay comentarios:

Publicar un comentario