15 feb 2010

Ordenar Subscricións READER

A medida que nos imos subscribindo a canais RSS ou PODCAST, imos enchendo o listado de Subscricións de xeito desordenado. Podemos darlle solución a isto, creando carpetas dentro das que gardaremos, segundo o seu tipo, os canais.



Crearemos unha carpeta Internacional, na que gardamos os diarios extranxeiros ós que estemos subscritos. Poñémonos sobre o titulo da subscrición e pulsamos sobre a pestaña que aparece á súa dereita, de modo que aparece o menú contextual da ilustración anterior. Escollemos a opción “Carpeta nueva..”
Dámoslle nome á carpeta (Internacional) e pulsamos Aceptar.



Créase a carpeta é o canal Worl News from Times, dende onde creamos a carpeta xa aparece no interior da mesma.



Se quixesemos engadir outras subscricións a esa carpeta só temos que pulsar sobre elas e arrastralas dentro como imos facer coa RSS do diario Le Monde que temos arriba.



Vemos na imaxe como se desplaza o enlace ata deixalo dentro.



Fariamos o mesmo para engadir máis carpetas, ou máis subscripcións dentro de carpetas ata deixar ordenado ó noso gusto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario