Para añadir entradas ó noso blog, temos que empregar o boton Nueva Entrada que aparece no escritorio do blog.
A continuación aparecenos a ventana de edición onde temos que engadir o titulo da noticia que queiramos subir, o texto e as imaxes que desexemos incorporar.
En canto pulsas sobre o botón sinalado cun círculo vermello na imaxe, ábrese unha ventana para que selecciones no teu disco a imaxe que queiras subir. É recomendable que teñas a imaxe nun formato comprimido como .jpg ou .png e nun tamaño adecuado, ainda que a ferramenta do blog pídeche que escollas un tamaño e unha posición para publicalos.
Pulsando o botón examinar, ábrese unha ventana do explorador que nos deixará buscar no noso disco, a imaxe que queremos subir. Eliximos o deseño para que se sitúe a imaxe con respecto ó texto e o tamaño segundo os predefinidos de blogger. Despois disto pulsamos o botón laranxa "Subir Imagen" e aparecerá unha pantalla coma a seguinte:
Pulsamos o botón azul "Finalizado" e a imaxe aparecerá na nosa ventana de edición.
Podemos continuar engadindo o texto que desexemos ata deixar a entrada finalizada. Canto todo estea segundo o noso gusto. pulsaremos o botón publicar entrada, e ésta converterase na primeira noticia do blog
20 ene 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario