Dende o escritorio do blogger, podemos editar o noso perfil, para poñer os datos persoais, unha imaxe, preferencias, etc. Farémolo pulsando sobre o enlace que se mostra en vermello na imaxe.
Imos cubrindo os datos que nos solicita o formulario. Algúns destes campos xa se atopan recheos porque nolos solicitou cando creamos o blog. Se o desexamos, neste intre, podémolos modificar.
Para engadir unha foto ó perfil temos que seleccionar unha imaxe do noso disco duro. Para iso pulsamos sobre o botón "Examinar" e na ventana do explorador que se abre localizamos a imaxe e pulsamos sobre o botón "abrir".
Tras esperar a que a imaxe cargue podemos continuar enchendo o formulario ata. Para que se almacenen os cambios pulsamos o botón "Guardar Perfil".
Os datos do perfil, que acabamos de gardar aparecerán na páxina pricipal do blog, na sección "Datos Personales", debaixo da lista de entradas do blog.
25 ene 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario