20 ene 2010

Creación de un blog

Para crear un blog en blogger temos que ir á dirección http://www.blogspot.com ou tamén http://www.blogger.com.

Aparecemos na seguinte pantalla onde temos que añadir o nome de usuario e contraseña. Sérvenos o usuario e a contraseña de gmail, xa que o blog e outro dos servicios que nos ofrece google.
A continuación témos que rexistrarnos en blogger. Como xa nos identificamos como usuarios de gmail, só temos que engadir un nome co que firmamos os artículos que publiquemos e aceptar as condición do servicio.
Pulsamos sobre a frecha que di continuar e pasamos a darlle nome ó noso blog

Engadimos o título e o nome, comprobando a disponibilidade e despois pulsamos de novo sobre a frecha continuar para irmos ó ultimo dos pasos da creación; a selección da plantilla.

A plantilla establece o aspecto do noso blog. É totalmente configurable pero require coñecementos de html e css. En todo caso tamén poderemos, con posterioridade cambiar de plantilla se a que seleccionamos agora non nos convence. Despois de seleccionar a plantilla volvemos a pulsar na frecha continuar.

Unha vez que temos o blog creado, podemos acceder a todos os seus elementos dende o escritorio do blog.

Dende esta pantalla, por medio do botón Nueva Entrada, creamos noticias que se publican no blog. Tamén se poden editar noticias que xa teñamos publicadas e queiramos modificar pulsando sobre o enlace "Editar entradas".
O enlace "Configuración" serve para modificar o título, a orde das entradas, os permisos, o formato e outros parametros que veremos máis adiante.
O enlace "Diseño" serve para modificar o aspecto visual do blog, as cores de fondo, os tipos de letra, cambiar de plantilla, etc.
O enlace "Monetizar" permite engadir anuncios Adsense.

No hay comentarios:

Publicar un comentario