Ademáis ofreceche un servicio de mensaxería, un chat, a posibilidade de crear álbum de fotos, publicar mensaxes no muro, etc.
Para acceder a estes servizos tes que estar rexistrado, é dicir, crear unha conta de facebook. Imos crear a conta e buscar os nosos amigos en facebook.
No navegador web que esteamos a usar, temos que escribir na barra de dirección, o seguinte:
http://www.facebook.com e pulsar Enter para ir a Facebook. Aparecerá a pantalla seguinte:

Cubrimos a información que nos pide nos campos Nome, Apelido, Correo, Contraseña, Sexo, Data de Nacemento e pulsamos o botón verde "Registrar".

Aparecenos unha ventana de seguridade. Escribimos os caracteres que están na figura e pulsamos continuar.
Na seguinte pantalla deixanos poñer a nosa dirección de correo e contraseña para que busque os nosos contactos da conta do correo.
É un xeito de evitar buscar os nosos contactos un por un. Para agregar contactos en Facebook, primeiro tes que buscalos e mandarlles unha invitación de amistade. Se aceptan a invitación pasan a formar parte da rede de amigos.No seguinte paso engadimos información do noso perfil; nome da escola e ano de promoción, nome da universidade e promoción, nome da empresa na que desenrolamos a nosa actividade profesional.

Isto favorecerá o encontro con outros usuarios que teñan o mesmo perfil. Cubrimos os campos e pulsamos "Gardar e continuar".
Neste paso permítenos subir unha imaxe do noso disco ou obter unha dende a webcam. Podemos saltar este paso ("Skip") ou gardar e continuar; pasando así á conta de facebook.
Neste intre a conta xa está creada pero ten que ser activada dende un enlace que mandan ó teu correo electrónico. Teremos que ir á conta de correo que demos no inicio do proceso de rexistro (no noso caso unha conta de gmail) e abrir a mensaxe que nos permite activar o facebook.
Pulsamos no enlace que ven co correo "Facebook Account Confirmation" e xa quedará activada a conta de Facebook.Se a cuenta de facebook non está en castelán, poderémola pasar no apartado de configuración que aparece arriba á dereita. Pulsamos sobre Settings, e escollemos o idioma español.
Xa estamos listos para utilizar a nosa cuenta de Facebook. Deberemos localizar e contactar coa xente que desexemos e mandarlle invitacións de amizade para que se unan á nosa rede.
No hay comentarios:
Publicar un comentario