20 ene 2010

Diseño de blog

Para configurar o deseño do noso blog, dende o escritorio pulsamos sobre o enlace "Diseño".

Accedemos a unha nova ventana como a da seguinte imaxe, onde modemos modificar o aspecto gráfico do noso blog. Poderemos cambiar os elementos que conforman a páxina, as cores e os tipos de letra, editar o html ou cambiar de plantilla se non nos satisface a que eliximos cando creamos o blog.
Os elementos de páxina son as partes en que se divide o aspecto gráfico da paxina principal do blog, onde mostra as noticias que imos publicando. Para modificar calquera dos elementos, pulsamos sobre o enlace editar que se atopa na esquina inferior dereita dese elemento. Abrirásenos unha nova ventana coas opcións posibles de cambio do elemento.


"Fuentes y colores" permite a modificación das cores do texto e do fondo de cada unha das partes do blog por medio dun marco superior no que aparecen á esquerda o nome do elemento que modificamos, no centro unha lista de cores suxeridos e á dereita unha lista máis ampla de cores, así como a posibilidade de crear vós as cores engadindo o seu valor RGB. Cada cambio que efectuemos visualízase inmediatamente na parte inferior da ventana que mostra a paxina principal do blog

Unha vez que teñamos establecidas as cores da páxina ó noso gusto pulsamos sobre o botón laranxa "Guardar Cambios" para que se almacenen as nosas preferencias.

Na pestaña "Edición html" visualízase o código html da páxina principal do blog e permitenos configurala como desexemos. Para isto son precisos certos coñecementos de deseño web, de html de css que non son o obxectivo do noso curso de Internet Básico. En todo caso, trataríase de modificar o contido do ficheiro de texto que representa a plantilla da nosa páxina e gardar os cambios ó finalizar.
Por último temos "Seleccionar plantilla nueva" que nos mostra unha lista coas plantillas dispoñibles para que escollamos unha delas e pulsemos sobre "guardar plantilla".

Despois de ter gardado poderiamos voltar a calquera das outras pestañas superiores, como Creación de entradas, Configuración, Monetizar, ou Ver blog para mirar o aspecto final que lle deixamos ó noso blog.

No hay comentarios:

Publicar un comentario